domingo, 21 de xaneiro de 2018

Exposición de maquetas do Sistema Solar

O alumnado de 5º de Primaria fixo unha exposición das súas maquetas do Sistema Solar na Biblioteca Pública de Meis. E aproveitaron para mostrarlla aos avós e avoas do concello, nunha mañá que transcurriu de xeito marabilloso, tanto para @s máis pequen@s como para @s maiores.



Entrevista a Mario Gallego para o proxecto ERASMUS+

Manuel, Adrián e Uxía foi o alumnado de 4º da ESO encargado de entrevistar a Mario Gallego para coñecer un pouco mellor o patrimonio histórico e cultural do Concello de Meis.
Partindo desta entrevista poderán incluir estes novos descubrimentos no proxecto ERASMUS+ que levará ao alumnado de 4º da ESO ata Galway (Irlanda) onde compartirán experiencias e coñecemento co alumnado irlandés.
Podedes coñecer máis sobre o proxecto ERASMUS+ na bitácora MUSEO DO TEMPO
 



Entrevistas de Galiciencia polos Xornalistas Escolares

Carla Riveiro e Candela Giráldez de 6º de Primaria foron as Xornalistas Escolares encargadas de facer as entrevistas correspondentes ao tema de Galiciencia, a maior feira científica que se celebra en Galicia, concretamente en Ourense en Tecnópole.


A primeira entrevista foi con Sabela Bouzo, responsable de Galiciencia, esta entrevista foi todo un fito para a Radio Escolar Mosteiro Meis, xa que era a primeira ocasión na que levábamos a cabo unha audioconferencia, e cremos que o resultado foi moi moi interesante, escoitadeo e xulgade vos.

A continuación os entrevistados foron Milena de 4º da ESO que foi unha das participantes na Galiciencia 2017 e tamén o profesor Camilo, que se encargou de coordinar o proxecto participante na feira.