martes, 27 de xuño de 2017

Fin de curso co SOLIFESTI

Pois si amighiñ@s, o final deste fantástico curso chegou ao CPI Mosteiro Meis e fíxoo do mellor xeito posible, cun festival solidario no que participou tanto alumnado como profesorado e músic@s de toda a bisbarra. O evento foi de tal magnitude que incluso o Faro de Vigo fíxose eco.

Despedimos xa o curso e non o podemos facer sen darlle as gracias a todos, os que viñeron novos e aos que se van, a todas as familias, profesorado, compañeiros e compañeiras que traballan no centro e por suposto á nosa razón de existir, ao noso querido alumnado.

Desfrutade das merecidas vacacións! Vémonos en setembro!


Preme na imaxe para ler a noticia completa


martes, 20 de xuño de 2017

VINDE AO SOLIFESTI!

Este xoves 22 de xuño celebramos o 1º Festival Solidario do CPI Mosteiro Meis, o SOLIFESTI para recaudar fondos e axudar ao pobo Sirio. E o remate dun proxecto que este ano levou a cabo o centro. O xoves haberá actuacións de grupos de profes e outras bandas da zona e de Pontevedra e Vigo que amenizarán unha xornada na que toda a comunidade educativa se dará cita no Campo da Feira de Mosteiro (Meis). Haberá comida, bebida e moita festa!

Non faltedes! 
VINDE AO SOLIFESTI!


luns, 19 de xuño de 2017

Obradoiros de filosofía

O alumnado de 1º e 2º de Primaria participou durante este curso nun obradoiro de filosofía.

Durante dúas sesións á semana estes nenos e nenas traballaron ideas como: autocoñecemento e personalidad, empatía cos demáis, resolución de conflictos... a través de vídeos, imaxes, traballos en grupo e debates.


 A experiencia gustou tanto que xa pensamos en repetila para o curso que ven!

 


sábado, 3 de xuño de 2017

Finalistas no Olloboi

O traballo feito para o día das Letras Galegas polos profes Raúl, Manuel e Fernando está de finalista no concurso de curtas e videos escolares Olloboi como a mellor Banda Sonora Orixinal. Agardemos poder traer o premio nuns días. Estade atent@s!