venres, 24 de marzo de 2017

Maestros con los niños de Siria

A bitácora dixital Maestros con los niños de Siria faise eco do traballo solidario que fixemos dende o centro para sensibilizar e apoiar aos nenos e nenas que sufren inxustamente este conflicto.


Club de ciencia

Outra vez estamos de noraboa xa que o noso querido CPI foi escollido xunto con outros 9 centros de Galicia para participar nun programa de Innovación Educativa chamado "Club de Ciencia".

Agora o profesorado e o alumnado están traballando para organizar este fantástico programa que dará a oportunidade dun novo modelo de aprendizaxe para o noso alumnado baseado na ciencia.

Moi pronto teredes máis novas de que todo o que imos facer.

O novo blog dos Correspondentes Xuvenís

Aínda non coñecedes aos Correspondentes Xuvenís 3.0 do CPI Mosteiro Meis? Pois xa estades tardando porque eles/as distribúen toda a información que a ti como rapaz ou rapaza nov@ pódeche interesar. A info ven dende a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do concello de Meis e dende a Dirección Xeral de Xuventude.

http://correspondentesmosteiromeis.blogspot.com.es/

Que aínda non sabes onde podes atopar toda esa info? Pois apunta porque teñen un blog que é unha pasada! Mira, mira!

Centro solidario comprometido coa infancia

A ONG Save the Children ven de escoller o noso centro como Centro Solidario comprometido coa infancia.
https://www.savethechildren.es/centros-educativos/materiales-educativos/convocatoria-ix-edicion-marcapaginas-por-la-solidaridad


venres, 17 de marzo de 2017

Videoconferencia sobre nanotecnoloxía e medicina

Dende o centro tivemos a oportunidade de charlar coa científica pontevedresa Silvia Varela, nunha videoconferencia na que participou o alumnado da ESO e que foi moi pero que moi interesante.

A prensa tamén se fixo eco da nova que podedes ler aquí.
E próximamente colgaremos un video desta charla tan interesante.

xoves, 16 de marzo de 2017

O elefante e a galiña

Os nenos e nenas de 1º de Primaria estiveron traballando un conto fermoso do libro "Palabras de África" que remataron cun videomontaxe da historia.
A historia titúlase "O elefante e a galiña" e pouco a pouco elaboraron os materiais e a historia. Despois de varios ensaios gravouse todo na aula e este foi o resultado. Agardamos que vos guste.

luns, 13 de marzo de 2017

Visita do Conselleiro de Educación Román Rodríguez

Hoxe tivemos no centro a visita do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González. Estivo visitando as instalacións e aproveitamos a ocasión para facerlle unha entrevista na nosa Radio Escolar Mosteiro Meis, a cargo nesta ocasión de Jorge e de María de 6º de Primaria.


Na foto de esquerda a dereita: María, José Luis Pérez Estévez (Alcalde de Meis), Román Rodríguez González (Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), Cores Tourís (Delegado Territorial da Xunta), Jorge e Luis Camilo Fernández Álvarez (Director do CPI Mosteiro Meis)