domingo, 27 de novembro de 2016

Amor vs Desamor

Tamén quixeron participar @s máis pequen@s do cole no 25N e fixérono falando do AMOR e do DESAMOR, que aínda que pareza que non, diso saben un cacho.

O alumnado de primeiro e segundo de primaria fixo uns debuxos chulísimos e despois foron pasando por diante da cámara a explicarnos que era iso do amor e do desamor. Mirade o resultado, non diredes que non saben do que falan?


Andanzas: historias pisadas

O alumnado de 4º da ESO sensibilizado co tema da violencia de xénero desta semana de novembro, fixeron unha serie de cuñas publicitarias basándose nos carteis de "busco parella".

A web dos de 4º de Primaria

Xa dicíamos que este ano había un montón de novidades no cole, e para mostra... pois unha web, neste caso a do alumnado de 4º A e 4º B que dirixidos polos mestres Raúl e Manuel, acaban de publicar esta chulada de páxina web onde os rapaces e rapazas se presentan e tamén dispoñen dunha boa cantidade de recursos educativos.

A que xa estades desexando coñecer a web? Pois veña, a que estades esperando, premede na ligazón.


http://4primariamosteiro.wixsite.com/4primaria

El club de los jóvenes filólogos

Con ese título tan suxerente abriuse este curso unha nova bitácora en Internet na que se poden desfrutar de creacións literarias do máis variado do noso alumnado de secundaria.

http://elclubdelosjovenesfilologos.blogspot.com.es/

Da man da profesora Ana Vázquez Villareal, os rapaces e rapazas publican as súas obras e traballos relacionados coa lingua e literatura castelá. Moi pero que moi interesante, non dubidedes en darvos unha volta por http://elclubdelosjovenesfilologos.blogspot.com/

sábado, 26 de novembro de 2016

Rexeita o maltrato #NONPASESDETODO

Co #hastag #NONPASESDETODO e co motivo do 25N, "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" o alumnado de 4º da ESO elaborou unha curtametraxe no que se denuncia a indiferencia na adolescencia da problemática do maltrato contra a muller.

Partindo dunha idea orixinal do Departamento de Orientación e coa axuda do mestre de Audición e Linguaxe rodaron nos interiores e exteriores do centro as escenas que conforman esta curta. A rodaxe durou catro días e participou un reparto de actores e actrices da clase de 4º da ESO con Mónica Camiño e Rubén Pérez como protagonistas e con Sandra Serén, Anxo Iglesias e Pablo Martínez como parte principal do equipo técnico.


O venres 25 de novembro levouse a cabo un acto de sensibilización nas aulas de secundaria e de terceiro ciclo de primaria, no que os protagonistas e parte do equipo técnico presentaron a curta e levaron a cabo unha rolda de preguntas.

A prensa escrita e dixital fíxose eco da curta publicando dúas novas sobre o tema. Nova 1. Nova 2
http://www.lavozdegalicia.es/video/arousa/2016/11/25/alumnos-ceip-mosteiro-video-contra-maltrato/00311480093243180834140.htm

Galiciencia 2016

Este ano de novo da man do noso profe Camilo Ojea dous alumnos de secundaria, máis outras dúas exalumnas cun proxecto do curso pasado participaron en Galiciencia, a feira científica que se celebra en Ourense.
http://www.galiciencia.com/

Lucas e Santiago e tamén Erika e Laura que xa están en primeiro de bachillerato, foron @s representantes do cole. Saíndo o seu traballo na prensa.


Á volta da feira pasaron pola Radio Escolar Mosteiro Meis e contaron a súa experiencia. Podedes escoitalos premendo aquí

Radio Escolar Mosteiro Meis

Neste curso 2016-2017 temos importantes novidades no cole e sen dúbida unha delas é a creación dunha radio escolar. Nela o noso alumnado poderá levar a cabo todo tipo de programas e contarnos todo aquelo que sucede no centro escolar e nas súas vidas.

Se queredes estar ao tanto de todo o que sucede entrade no seu blog e suscribídevos na súa canle de podcasts. Estade atent@s que pronto estaremos emitindo en directo!

http://radioescolarmosteiromeis.blogspot.com.es/ 



Benvid@s

Benvid@s a tod@s a esta bitácora escolar onde se recollerán algúns dos traballos do alumnado de primaria e secundaria do CPI Mosteiro Meis.